Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

viernes, 19 de mayo de 2023

Actividades en torno ao 17 de maio, Día das Letras Galegas

 Este 17 de maio tentamos implicar a toda a comunidade educativa en torno á celebración do Día das Letras Galegas. Con este fin dende a Biblioteca e o Equipo de Dinamización Lingüística deseñamos tres actividades distintas: as exposicións "Viñetas para as letras", "Francisco Fernández del Riego"  e o xogo con preguntas e respostas do "Kahoot para as Letras" especialmente deseñado para a ocasión. Os premios foron suculentos pasteliños de coco que os gañadores dos podios degustaron e compartiron cos seus compañeiros.

Grazas pola vosa implicación e seguide lendo e usando a nosa lingua nai, un tesouro que temos que cuidar para que non deixe de medrar!




No hay comentarios: