Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

Mostrando entradas con la etiqueta Mochila viaxeira. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Mochila viaxeira. Mostrar todas las entradas

lunes, 19 de octubre de 2026

Bibliotour 2026

 




    Pasan os cursos, pero non pasa a ilusión e as ganas de adentrarse na biblioteca e descubrir todos os recursos que se ofrecen a toda a comunidade educativa. O recén chegado alumnado de 1º de ESO acudiu á biblioteca para descubrir que aquí ten non só libros, senón tamén xogos, revistas, mochilas viaxeiras, películas e toda unha plataforma dixital cun bo feixe de recursos dixitais. Así que seguimos encantados de acompañarvos nesta andaina paseniñamente.
    No Bibliotour deste ano tivemos ademais unha agradable sorpresa por parte dun alumno de 1º de ESO, quen sabía prácticamente case todo de Fiz Vergara Vilariño, o gran escritor que da nome á nosa biblioteca. Vémonos e lémonos.

domingo, 22 de octubre de 2023

Nova andaina das mochilas viaxeiras

 



Seis mochilas temáticas dirixidas ao alumnado de 1º e 2º de ESO desexan sair da biblioteca e ver mundo. Achégate á biblioteca e levaa para casa!

miércoles, 19 de abril de 2023

Máis mochilas de viaxe

 


Temos unhas mochilas moi viaxeiras, que non saber parar quietiñas. Así de contentos posaron os alumnos de 1º Candela Martínez e Iago García, que están xa gozando de todo o que vai dentro delas. Parabéns!

martes, 7 de marzo de 2023

As mochilas viaxeiras continúan o seu percorrido

 


As mochilas viaxeiras son as mais afortunadas do instituto porque non paran de viaxar e de coñecer os distintos lugares da nosa comarca. Desta volta marcharon cara os fogares dos alumnos de 1º de ESO Zhong Bo Chen e Antía Fernández, quenes posaron coas mochilas cargadiñas de moitos e variados materiais  que confiamos sexan do seu agrado. Parabéns!

martes, 13 de diciembre de 2022

Mochilas viaxeiras para o Nadal

 


Retomamos a actividade das mochilas viaxeiras novamente. Desta volta, David Bello e Nerea Pérez de 1º da ESO foron os afortunados coas primeiras mochilas viaxeiras deste curso. Van cargadiñas de distintos materiais da biblioteca para gozar en familia, así que agardamos que lles gusten. Parabéns e a ler!

lunes, 20 de diciembre de 2021

Mochila para o Nadal

A última mochila viaxeira deste 2021 correspondeulle á alumna de 1º de ESO Alma González, á que lle desexamos que goce de todo o que inclue e que dende o equipo de biblioteca preparamos con todo o cariño do mundo. Bo Nadal, boas lecturas e oxalá o frío que nos acompaña se leve o peor deste 2021! Vémonos pronto!

viernes, 10 de diciembre de 2021

Nova saída das mochilas viaxeiras

As mochilas seguen viaxando, e os últimos afortunados foron os alumnos de 1º de ESO Antía Moscoso e Aitor Rodríguez. Noraboa e aproveitade os días de inverno para ler e gozar de todo o que vai dentro!

viernes, 12 de noviembre de 2021

Mochilas en marcha!

Acaban de partir dúas mochilas viaxeiras cargadiñas de materiais cara aos fogares de Laura Díaz e Aitor Sobrado. Noraboa e gozade moito do seu contido!

jueves, 4 de noviembre de 2021

As mochilas volven viaxar!

 Que alegría ir voltando á normalidade, á biblioteca aberta, ás actividades bule-bule en torno á lectura e á cultura. 

Así que ano e medio despois, as mochilas viaxeiras volven sair con destino aos fogares do alumnado de 1º de ESO.

A primeira afortunada foi Nerea López, quen posou así de contenta e desexosa de saber o que contiña a primeira mochila viaxeira do 2021. Noraboa e a gozar dos materiais en familia!



viernes, 6 de marzo de 2020

Mochilas en feminino


Na semana do 8 de marzo, Día da Muller, acaban de saír novamente as mochilas viaxeiras. Esta vez as dúas afortunadas foron as rapazas de 1º de ESO Radka Stanislavova e Débora Yangiva, que posaron así de contentas coas súas mochilas diante do expositor con moitos fondos da biblioteca relacionados co feminisimo e a igualdade. Noraboa!

viernes, 21 de febrero de 2020

O Día de Rosalía, telón de fondo da nova mochileira



Agólpanse as celebracións: Entroido, Día de Rosalía e vacacións. Así que que mellor que lembrar o 24 de febreiro, Día de Rosalía, expoñendo algúns dos seus versos e da súa obra na entrada á biblioteca ao tempo que Samira López Veiga, de 1º de ESO, afortunada coa mochila nos vindeiros quince días, posa así de contenta desexosa de ver todo o que contén. Noraboa e bo descanso!

lunes, 10 de febrero de 2020

As mochilas de febreiro



As mochilas viaxeiras seguen a súa marcha neste 2020 do que xa pasou o primeiro mes. Marcharon cara aos fogares de Meryem Dallahi e Daniel Rivelo, de 1º de ESO, onde seguro xa están gozando dos materiais que alí ían. Noraboa!!!

viernes, 24 de enero de 2020

As primeiras mochilas do 2020


Os primeiros afortunados coa mochila viaxeira do 2020 foron os alumnos de 1º de ESO Cristian Losada Darriba e Alondra Triana García, que posaron así de ilusionados diante das portas deste noso pequeno paraíso que agocha tantos tesoros por descubrir. Noraboa e a gozar dos materiales incluidos na calor do fogar en boa compaña!

viernes, 20 de diciembre de 2019

Mochilas para o Nadal


As mochilas marchan tamén de vacacións ás casiñas dos nosos alumnos. Este decembro os afortunados foron Lucía López de la Fuente e Manuel López García de 1º de ESO. Desexámoslles todo o mellor e moi bo lecer en compañía dos vosos seres mais queridos e de todas as cousiñas que van na mochila. Bo Nadal!

jueves, 5 de diciembre de 2019

Con moitas ganas de ler





Os alumnos María Bergantiños Domínguez e Iván Castro López  están encantados de levar as novas mochilas viaxeiras para disfrutar da lectura nos vindeiros  días de descanso.




sábado, 23 de noviembre de 2019

Marchando as últimas mochilas de novembro!




Xa están aquí os novos afortunados de 1º de ESO coa súa mochila viaxeira! Esta semana son Lidia Regueiro Arias e Samuel Díaz Pardo, que posaron así de contentos coas súas mochilas cargadiñas de materiais para compartir en familia. Parabéns!

lunes, 11 de noviembre de 2019

Novas mochilas viaxeiras!

Xa marcharon dúas novas mochilas viaxeiras. Esta vez os afortunados foron Lucía López López e Jesús Rodríguez Fernández de 1º ESO. Recolléronnas no noso camposanto, así que agardamos que lles gusten moito as terroríficas sorpresas que levan dentro. Parabéns!

lunes, 21 de octubre de 2019

Estreamos mochilas


Novo curso, novas mochilas e sorrisos e moitas novidades para compartir en familia. Os primeiros afortunados foron Yanira Leiva Arias e Brais López López de 1º E.S.O. Parabéns!!

martes, 28 de mayo de 2019

Mochilas rematando o curso




Son moitas as actividades da biblioteca, e como cada curso, todas van chegando ao seu fin. Neste caso, acaban de saír as últimas mochilas viaxeiras do 2018-2019, que pasarán uns días nos fogares de Diego e Nerea Rodríguez de 1º de ESO.
Confiamos en que esta actividade servira para dar a coñer os moitos e variados fondos da biblioteca, e que agora que os coñecedes volvades a por mais. Quedaredes abraiados do moitísimo que aquí se agocha!

jueves, 2 de mayo de 2019

Mochilas para disfrutar e compartir

As mochilas seguen o seu percorrido e xa van chegando tamén a final de curso, non sen antes visitar as casiñas do noso alumnado. Este martes foron visitar a clase de 1º de ESO, e alí os afortunados posaron cos seus compañeiros así de felices. Desta volta, Noelia González e Pablo Vilar marcharon coas súas mochilas viaxeiras, así que noraboa e non deixedes de ler e compartir as vosas experiencias lectoras!