martes, 8 de septiembre de 2026
martes, 9 de junio de 2026
Libros para o verán
Non o deixedes pasar, achegádevos e levade para ler. No expositor puxemos algunhas recomendacións moi variadas coas que pasar mellor as vacacións.
sábado, 16 de mayo de 2026
Letras Galegas 2026: Actividades en torno a Begoña Caamaño
jueves, 23 de abril de 2026
Día do Libro 2026
Como cada ano, o 23 de abril é para celebrar ao grande. Nesta ocasión, na entrada do edificio principal temos unha gran árbore engalanada con minilibros creados polo alumnado da ESO, cheos de creatividade e boas historias.
Ademais, habilitamos un panel que leva por título "Libros que devoramos. Libros que adoramos", onde os distintos membros da comunidade educativa van deixando as súas recomendacións lectoras. Achégate á biblioteca, pide un post-it e contribue a enchelo.

miércoles, 8 de abril de 2026
Primavera, poesía e ovos de Pascua
As ideas e a creatividade non deixan de bulir. Este curso dende a biblioteca e o Equipo de Dinamización Lingüística celebramos a primavera e o Día da poesía organizando un concurso de ovos pintados, no que o alumnado amosou todo o seu talento e imaxinación.
Os ovos presentados ao concurso están acompañados por pequenos poemas e expostos nunha fermosa árbore que decora a entrada do instituto, converténdose nun punto de encontro cheo de vida e inspiración.
Parabéns aos propulsores desta gran iniciativa que será a base de mais actividades relacionadas co libro e a lectura.
viernes, 27 de marzo de 2026
Exposición de fotos: Os últimos 20 anos da nosa biblioteca
Mais de setenta fotografías compoñen a exposición que está instalada nas mesas da primeira sala da biblioteca e que fan un percorrido polos últimos 20 anos da nosa biblioteca dentro do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares da Consellería de Educación.
Foron moitas as actividades feitas ao longo dos últimos vinte anos co fin de impulsar a lectura, a escritura e a cultura e a educación.
Con esta mostra pretendemos ademais aportar o noso graniño de area á celebración dos 50 anos do IES Gregorio Fernández.
Achégate e búscate. Seguro que atopas a alguén coñecido!
viernes, 20 de marzo de 2026
Día da poesía 2026
Un ano mais celebramos o Día da poesía que con tanta ilusión comezou o noso compañeiro Eduardo Rey Moure. Os trece centros de ensino da comarca de Sarria participaron nun acto conxunto na Praza da Vila con música, poemas e ata lingua de signos. Nesta edición a temática foi a poesía relacionada co monte, e por isto a vaga de lumes do pasado verán estiveron moi presentes. Podedes ver mais imaxes e unha moi boa crónica do acto na publicación do diario El Progreso.
lunes, 23 de febrero de 2026
Día de Rosalía 2026
A entrada do noso instituto volveuse encher de Rosalía en forma de versos, bolsas, cores, chapas, música, proxeccións e unha pequena selección de libros coa obra da nosa poeta mais universal: Rosalía de Castro.
Benvidas sexan todas as actividades que axudan a difundir lectura, escritura e creatividade nas súas formas mais variadas veñan de onde veñan, porque Rosa Lía tamén lía.
lunes, 2 de febrero de 2026
Obradoiros de xogos
Achégate os martes no recreo á biblioteca e participa no obradoiro de xogos da man das profesoras Lucía e Pilar, un bo xeito de descubrir novos xogos e novos compañeiros nestas mañás de inverno.
Novidades do 2026
Como cada xaneiro, acaban de chegar as novidades que deixastedes na caixa dos desexos no 2025, así que achegádevos á biblioteca e comprobade se xa están dispoñibles para o empréstito.

























