Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

Mostrando entradas con la etiqueta Club de lectura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Club de lectura. Mostrar todas las entradas

sábado, 19 de octubre de 2024

Arranca o Club de Lectura de Adultos

Novo curso, novos proxectos e moitas ilusións: de reencontrarnos, de falar de libros, de descubrir novidades, de coñecer xente e, sobre todo, de compartir impresións arredor dos libros. 

A primeira reunión foi para repartir o primeiro libro co que arrancamos o curso e co que algunhas xa estamos disfrutando: "Los siguientes" de Pedro Simón, unha novela coral na que Pedro Simón supérase a si mesmo como escritor e que pecha a triloxía arredor das relacións familiares.

 

miércoles, 22 de septiembre de 2021

Novo curso e novas propostas

 


Eiquí seguimos. Xa está aquí un novo curso que comezamos con moita ilusión e un equipo de biblioteca amplo e renovado.

Empezamos falando dun novo club de lectura que xa se está preparando. Estade atentos porque vai haber moitas novidades para todos. Vémonos na biblioteca!


martes, 14 de mayo de 2019

"Los asquerosos" coláronse no Club de Lectura de Adultos



Ás veces nos clubs de lectura pasan cousas, cousas tan raras como que a todas as integrantes lles guste o libro. "Los asquerosos" de Santiago Lorenzo foi un descubrimento con moi boa crítica que fai rir, cunha ironía fina e unha feroz crítica da sociedade na que vivimos, chea de moitos asquerosos.
Dádelle unha oportunidade, porque é desas lecturas que pagan a pena!

miércoles, 10 de abril de 2019

Reunión do club de lectura xuvenil


O club de lectura xuvenil ven de reunirse para compartir impresións en torno ao último libro lido: "Street Poems" de Fran Alonso. Os participantes destacaron o novedoso que é este poemario, xa que auna a arte urbana e a literatura dun xeito moi orixinal.

Ademais, aproveitamos o momento para facer unhas grabacións para un futuro programa de radio sobre eses libros dos que quedamos colgados cos que algúns posamos no vídeo que tedes mais abaixo.

Finalmente, falamos da excursión prevista para os membros do Club de Lectura á Expotaku de Coruña o próximo 24 de maio e que xa estamos a preparar.

miércoles, 27 de febrero de 2019

A novela "El diario de Anne Frank" no club de lectura xuvenil



Hai obras universais que perduran no tempo xerazón tras xerazón. Este é o caso do famoso "Diario de Anne Frank". En 2017 Ari Folman e David Polonsky publicaron a novela gráfica "El Diario De Anne Frank", unha obra orientada a calquera tipo de lector que permite un achegamento mais sinxelo á tremenda historia que sufriu esta pequena.
Os integrantes do club de lectura gustaron desta obra e captaron o humor que a protagonista usa para evadirse da situación de illamento á que se ve sometida, aínda que a maioría dos compoñentes gustaron mais do diario orixinal escrito por Anne Frank. Este feito deu pé a un interesante debate sobre as obras que se fan despois dun orixinal en forma de preguntas como: "Que é mellor? A película ou o libro? O cómic ou o diario?"

Tras falar deste libro, presentamos xa o próximo: "Street poems" de Fran Alonso, cheo de poemas inconformistas, críticos e graffitis reais. O próximo 7 de marzo teremos ao autor entre nós con quen poderemos falar da súa obra.

jueves, 14 de febrero de 2019

Falamos de "Como ser muller" no club de lectura



O club de lectura de adultas abordou o libro da escritora británica Catlin Moran "Como ser muller", todo un superventas dende que se publicou por primeira vez no 2011. É este un libro divertido, frívolo e controvertido que ás veces trivializa demasiado ou mostra puntos de vista contradictorios. Fala moito de feminismo, pero como unha das compoñentes do club dixo: de "feminismo rosa".
En calqueira caso, non te fies dos nosos comentarios, achégate á biblioteca e le este libro ás veces caótico, desagradable, ocurrente e sen pelos na lingua. Hai versións en castelán e galego, grazas ao labor de Rinoceronte Editora.

jueves, 13 de diciembre de 2018

O club de lectura de adultos enfrontouse a "La vida ante sí"


"La vida ante sí" do escritor francés Romain Gary é un deses libros singulares e imperecedeiros. Por él o seu autor recibiu o premio Goncourt baixo o seudónimo de Émile Ajar. Narra a tenra historia de Momo, un neno musulmán orfo que vive cunha vella prostituta xudea atormentada polos recordos de Auschwitz.
Nesta ocasión, as compoñentes do club de lectura estiveron acompañadas por Javi, un rapaz que está a facer as prácticas do master do profesorado e que tomou boa nota do que se coce no corazón do noso club. Foi este un libro que gustou moito a todos os membros e que recomendamos a calquera lector a partir dos dezaseis anos para este Nadal.
Así que se buscas unha boa historia, un libro ben escrito, cortiño, tenro e que fale de moitas cousas da vida, "La vida ante sí" pode ser un bo agasallo para estes días. De tódolos xeitos, Momo agárdate na biblioteca, así que dalle unha oportunidade este Nadal.

miércoles, 5 de diciembre de 2018

O malvado zorro feroz apareceu no club de lectura xuvenil

Onte tivo lugar un agradable encontro co club de lectura xuvenil para falar do primeiro libro lido neste curso de xeito conxunto. Nesta ocasión debatemos sobre o libro de Benjamin Renner "El malvado zorro feroz", que suscitou opinións moi diversas e contrapostas. Algúns dos rapaces o ven como un libro de difícil encaixe. Dicían que non é nin para nenos nin para adultos. Será que estamos ante un libro para tódalas edades?
Trátase dunha novela gráfica de 185 páxinas que non ten viñetas, pero sí miles de debuxos que lle dan unha tremenda expresividade á historia. Aínda así, algúns dos membros do club non gustaron do trazo do debuxo. A historia é en realidade unha fábula cun bo feixe de interpretacións en torno aos roles na sociedade, nas familias e incluso na comunidade educativa.
E xa non dicimos nada mais, porque o mellor é que veñas e o leves emprestado. Nunca deixes que outro xulgue un libro por ti.

jueves, 15 de noviembre de 2018

O " malvado zorro feroz" anda xa nas mans dos membros do club de lectura


Para ir abrindo boca no club de lectura xuvenil este curso comezamos cunha fábula á que algúns dos integrantes do club xa lle botaron os ollos e as mans. Se aínda non o colliches emprestado, achégate á biblioteca e pídeo. Falaremos del o próximo 3 de decembro.

viernes, 9 de noviembre de 2018

15 de novembro: Reunión do club de lectura de cómic


Están recén chegados os exemplares do primeiro libro que o club de lectura de cómic vai ler este curso. Trátase do divertidísimo "El malvado zorro feroz" de Benjamin Renner, un conto moi especial sobre todo tipo de familias. Así que agardámosvos na biblioteca no recreo do xoves 15 de novembro, cando quentaremos motores en torno a esta novela gráfica e emprestarémosvos os exemplares.

jueves, 4 de octubre de 2018

Primeira reunión do club de lectura xuvenil


Aínda que non che guste ler....

Ven ao

Club de lectura de:

Cómic

Reunión: Venres 5 de outubro ás 11:15 na biblioteca

Acude á reunión. Informarémoste do que imos ler este curso e das actividades previstas! Hai moitas novidades....


Agardámoste!!!!!!!!!!!

martes, 2 de octubre de 2018

Arranca o club de lectura a partir de 16 anos. Vémonos o mércores 3 de outubro no recreo



Se tes máis de 16 anos e che gusta ler....

Apúntate ao Club de lectura "De tertulia"


Reunión: Mércores 3 de outubro ás 11:15 na biblioteca


Necesitamos concretar o número de participantes, os días e a frecuencia das reunións, así como o que queremos ler este curso

lunes, 4 de junio de 2018

Último poema do dobremente premiado Carlos Negro



Son moitos os seguidores e amantes da poesía que este curso o poeta lalinense Carlos Negro fixo no noso centro. Pois ben, este escritor está de noraboa. Ven de recibir o Premio do Clubs de Lectura 2018 na XI Xornada dos Clubs de Lectura celebrada en Compostela o pasado 1 de xuño, e con tal motivo nos agasallou a todos os presentes con este poema inédito en forma de marcapáxinas. Trátase dun acróstico, así que saboreádelo palabra a palabra, a modiño, como gozamos daquela onza de chocolate con que Carlos nos agasallou o pasado abril cando estivo entre nós.

Hai que sinalar ademais que acaban de anunciarse as obras gañadoras dos Premios Xerais 2018. Na categoría de Literatura Xuvenil o premio foi para Aplicación instantánea, de Carlos Negro, que verá publicada a súa obra este outono, así que xa estamos desexando tela entre as máns.
Desde este noso recunchiño lector, enviamos os nosos parabéns a Carlos, unha persoa humilde, próxima, que coa súa voz sabe chegar ao mais fondo, porque a poesía, como dixo no seu discurso despois de recibir o galardón, é un animal escondido.

viernes, 4 de mayo de 2018

O club de lectura debatiu sobre "A dúbida" de María Reimóndez


O 27 de abril tivemos unha moi agradable tertulia en  torno a "A dúbida",  novela da escritora lucense María Reimóndez, premiada na XIV edición do Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia.
É esta unha novela corta, áxil e fácil de ler que trata dun xeito moi atractivo o tema do abuso aos menores con clara vontade de denuncia social dende o punto de vista dunha muller que se ve atrapada nunha angustiosa situación.
A novela gustou e enganchou a todas as integrantes do club, polo que dende a biblioteca recomendamos achegarvos e descubrir cales son os motivos desta desacougante dúbida.
A nosa próxima lectura vai ser a obra de teatro de Castelao "Os vellos non deben de namorarse" coa que esperamos rir e celebrar o mes das Letras no que xa estamos.

viernes, 27 de abril de 2018

Encontro co poeta Carlos Negro





O 26 de abril tivemos o honor de acoller na nosa biblioteca ao poeta lalinense Carlos Negro, a quen os alumnos do noso Club de Lectura e algúns mais estaban desexando coñecer despois de gozar das súas obras "Penúltimas Tendencias" e "Makinaria".
Foi un encontro distendido no que nos achegamos á poesía do cotidiano, do día a día, da morte, do amor, e das frivolidades que esta sociedade nos vende. Escoitamos, admiramos, cantamos, rapeamos e saboreamos poesía de distintos autores. Todo un pracer compartido que esperamos seguir gozando nos libros que Carlos Negro nos descubriu. Engaiolados quedamos!
Carlos Negro asinou un dos exemplares da nosa biblioteca do seu poemario "Penúltimas Tendencias" e deixounos unha fermosísima adicatoria:


Carlos Negro gañou o XVI Premio "Fiz Vergara Vilariño" do Concello de Sarria polo seu poemario "Tundra", lido tamén no Club de Lectura de adultos da nosa biblioteca, e acaba de ser galardoado co Premio dos Clubs de Lectura 2018, premio anual que recoñece ao autor galego máis lido polos lectores dos Clubs de Lectura dos centro de secundaria durante o curso 2016/2017 en Galicia.
Grazas por este tempo compartido e non deixedes de ler poesía. Agárdavos na biblioteca!








miércoles, 18 de abril de 2018

O club de lectura falou das "Penúltimas tendencias" de Carlos Negro


 O club de lectura xuvenil ven de reunirse para falar da súa última lectura que a todos entusiasmou. Trátase do libro de poesía "Penúltimas tendencias" de Carlos Negro, quen a próxima semana estará entre nós para achegarnos á súa poesía, así que xa estamos desexando este encontro.
Dende a biblioteca, recomendamos especialmente aos mais novos este libro e mais "Makinaria", que tamén está a ser unha agradable sorpresa para os que se achegan a esta poesía directa, cercana e non convencional.


viernes, 9 de marzo de 2018

O club de lectura de adultos recomenda "Del color de la leche"


O club de lectura reuniuse o 8 de marzo para falar "Del color de la leche" da escritora inglesa Nell Leyshon é un deses pequenos tesoros que hai que paladear. Foi unha das poucas veces en que a todos os membros do club de lectura de adultos lles gustou moito esta historia dura pero ao mesmo tempo tan tenra e impactante. Dádelle unha oportunidade. Merece a pena e agárdavos na biblioteca.

jueves, 25 de enero de 2018

O club de lectura reuniuse en torno á "Tundra" de Carlos Negro




O club de lectura de adultos reuniuse para falar de "Tundra", a última obra do poeta Carlos Negro premiada con XVI Premio de Poesía "Fiz Vergara Vilariño" do Concello de Sarria. Fomos varias as que coincidimos en que o libro transmitiunos o frío da Serra do Candán e o desamor de que fala a obra.
Aproveitamos a xuntanza para propor a seguinte lectura do club: "Del color de la leche" de Nell Leyshon e botar unha ollada aos materiais que veñen na maleta da igualdade emprestada polo Cefore e que están descubrindo os moitos compoñentes da comunidade educativa.

jueves, 21 de diciembre de 2017

Posta en común do club de lectura xuvenil


O club de lectura de Manga reuniuse para falar do cómic manga "Deathnote I", a primeira entrega dunha saga que está a ter moito éxito na nosa biblioteca. Aínda que faltaron moitos integrantes por problemas de axenda, a reunión brillou polo entusiasmo e a pasión que os lectores mostraron. Falamos de moitas cousas, do manga, da dualidade do personaxe principal, dos rasgos occidentales dos debuxos xaponeses e dun sinfín de temas relacionados con esta obra.
Botamos de menos ao profesor de Historia Lois G. Faílde, quen foi o propulsor deste grupiño de lectura que con gran entusiasmo se mantén.
Dende este 2017 a piques de rematar queremos desexarvos o mellor e dar as grazas a todos os que facedes que a nosa biblioteca continúe tanto ou máis viva que sempre. Apertas e libros!
E se andades a buscar recomendacións de libros para estas festas, non vos perdades as recomendacións das bibliotecas escolares galegas.

jueves, 30 de noviembre de 2017

Tertulia sobre "Anagnórise" de Mª Victoria Moreno



O xoves 30 de novembro o club de lectura de adultos reuniuse para falar da novela "Anagnórise" de Mª Victoria Moreno, escritora á que se adica o Día das Letras Galegas do 2018.
As opinións dos membros do club foron diversas e contrapostas. A algúns fíxóselles lento e difícil pola lingua empregada, mentres que outros gozaron máis da súa lectura desta novela de viaxe e de moitos cambios nas vidas dos protagonistas. "Anagnórise" agárdavos na biblioteca e seguro que lle podedes sacar moito xugo.
Aproveitamos a sesión para botar un ollo a outras obras desta profesora de orixe extremeño que aos vintedous anos chegou a Galicia e tanto se imbui na nosa terra que o galego convertiuse na súa lingua.
O club de lectura de adultos segue a súa andaina para adentrarse na poesía actual en galego co último premio "Fiz Vergara Vilariño" do Concello de Sarria: "Tundra" de Carlos Negro, quen nos adicou o exemplar que aquí vedes "dende a beira do frío coas palabras acubilladas na pureza".