Foi unha grande honra que o videopoema elaborado por un grupiño de alumnos do IES "Gregorio Fernández" chegara a finalista na VI edición do concurso de videopoemas sobre composicións poéticas de Rosalía e Manuel María organizado pola Casa-Museo de Manuel María. Con este motivo o sábado 13 de maio acudimos a Outeiro de Rei, onde ademais de ao acto de entrega de premios, tivemos a ocasión dunha excelente visita guiada pola casa-museo do poeta da Terra Cha.
Velaquí tedes un resumo desta amena xornada:
Encantounos a visita e toda a creatividade que hai na mocidade galega en torno á poesía de Rosalía e Manuel María, así que medren os certames coma este e que non falte a poesía nas nosas vidas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario