Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

viernes, 2 de junio de 2023

Camiñando polo roteiro Fiz Vergara Vilariño

 


O poeta louzarino Fiz Vergara Vilariño foi recordado o pasado 27 de maio na súa terra cun roteiro na súa memoria, o cal uniu música e poesía. Preto de 40 persoas démonos cita en Santalla de Lóuzara, no municipio de Samos, na homenaxe organizada en conxunto pola nosa biblioteca e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
 Foi un pracer participar e ogallá algún día se faga realidade ese día das Letras Galegas que Fiz tanto merece.
Entretanto, lembrámolo e fixemos unha ofrenda floral ante a súa tumba enviando ao noso benamado Fiz  unha húmida mensaxe de vida e de furia necesaria.



No hay comentarios: