Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

miércoles, 15 de marzo de 2023

Preparando o "Día da Poesía"

 Acaba de comezar a conta atrás para o "Día da Poesía 2023", que este ano estará adicado ao gran Manuel María.

Contaremos coa participación de trece centros educativos e máis de 720 persoas. Estamos xa nerviosos, pero moi ilusionados.

Organiza este evento a nosa biblioteca e o Equipo de Dinamización Lingüística do noso instituto. Agardámosvos o 21 ás 12 horas na Praza da Vila, pero se chovese o acto trasladarase á Feculera.

Entretanto, podedes achegarvos á súa obra e aos seus versos que temos xa nos marcapáxinas creados para a ocasión.





No hay comentarios: