Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

viernes, 10 de marzo de 2023

Entrega de premios do concurso de recensións en inglés "Enjoy Local" da EOI

 


O concurso "Enjoy Local" organizado polo departamento de inglés da Extensión de Sarria da Escola Oficial de Idiomas tiña como obxectivo facer unha recensión en inglés sobre establecementos da comarca de Sarria.
A nosa biblioteca foi o lugar elexido para facer entrega dos diplomas e do premio aos alumnos participantes dos Ciclos de Administración.
O xurado do concurso, tras examinar as recensións admitidas e tras longa deliberación, decidiu declarar persoas gañadoras ex aequo a:
María Lago Díaz, estudante de 1º de CXMA no IES Gregorio Fernández e Diego Losada González, estudante de B1 de inglés na Extensión de Sarria da Escola Oficial de Idiomas de Lugo.
As devanditas persoas recibiron cadanseu vale de compra nun establecemento local por valor de 15 euros e o seu correspondente diploma persoalizado en inglés co comentario do xurado como gañadoras. 
O alumnado participante posou acompañado polos profesores de inglés Antonio Iturralde, representando á EOI e Raquel Arias do IES "Gregorio Fernández".
Parabéns aos participantes e premiados e medren as as actividades que fomenten o noso e o uso das moitas linguas que aquí aprendemos.


No hay comentarios: