Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

miércoles, 22 de marzo de 2023

Grandísima celebración do Día da poesía 2023




 E por fin chegou o 21 de abril cun sol radiante que non deixou de quentar durante toda a celebración. Puidemos escoitar os versos do gran poeta Manuel María nas voces de rapaces chegados de toda a comarca. De feito, a praza da Vila encheouse de mais de 700 persoas procedentes de 13 centros educativos: EEI Xela Arias, CEIP Antonio Fernández López (Oural), CEIP Eduardo Cela (Triacastela), CEIP Frei Luís de Granada, CEIP do Páramo, CEIP Ricardo Gasset (O Incio), CEIP de Samos, CEIP San Miguel (Paradela), CPR A Asunción, CPR A Merced, CPI Ramón Piñeiro (A Pobra de San Xillao), IES Xograr Afonso Gómez e IES Gregorio Fernández.

Tamén chegou o Cuco, a Primavera, a Poesía e quizais tamén a Felicidade......



O acto estivo organizado pola Biblioteca Fiz Vergara Vilariño e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Gregorio Fernández coa colaboración do Concello de Sarria.


No hay comentarios: