O alumnado de 1º e 2º de ESO coñeceu a orixe do poeta Fiz Vergara Vilariño grazas á excursión organizada polo Equipo de Dinamización Lingüística do noso centro. Foron guiados polos profesores Eduardo Rey e Xurxo Souto. Uniuse ao grupo o noso excompañeiro e profesor de galego Manolo Muñiz. Houbo cantos, música e moi bo ambiente ao descubrir a beleza do val de Louzara.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario