O 4 de xuño foi especialmente emotivo. A sentida homenaxe ao poeta que da nome á nosa biblioteca converteuse nun acto musical, moi ben organizado e no que grandes e pequenos recitamos, cantamos e sentimos a poesía de Fiz no mais fondo do noso corazón.
O cemiterio de Santalla de Louzara acolleu a ofrenda floral na que depositamos un ramiño de sempre vivas coa esperanza de que o espíritu e as Letras do grandísimo poeta que alí xace permanezan tamén por sempre vivas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario