O próximo sábado, 4 de xuño, terá lugar en Santalla de Abaixo, Lóuzara, unha homenaxe a Fiz Vergara Vilariño, de quen no mes de xullo se cumpre o 25 aniversario do seu pasamento.
Con este acto preténdese reivindicar, unha vez máis, que se lle adique o Día das Letras Galegas, como ben o merece.
O acto desenvolverase dacordo co seguinte programa:
A partir das 12.00 horas na Fonte da
Cova (ao pé da casa de Fiz), acto de homenaxe con recitado de poemas e música
(coa participación de Xurxo Souto e da gaiteira Carme López). Visita ao muíño.
Ofrenda floral no cemiterio.
Roteiro Literario ata a fervenza (con máis poemas e cantigas)
Todo isto está organizado pola Biblioteca Fiz Vergara Vilariño, o
Equipo de Dinamización Lingüística e Radio Bolboreta do IES "Gregorio Fernández"
No hay comentarios:
Publicar un comentario