Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

jueves, 9 de junio de 2022

Excursión do Club de Lectura a Compostela

 O 8 de xuño dende a biblioteca organizamos unha excursión especialmente deseñada para o alumnado que este curso participou no Club de Lectura e na gran experiencia que supuxo o descubrimento do radioteatro.

Seguindo esta liña, acudimos á Facultade de Xornalismo e Comunicación Audiovisual, onde tivemos ocasión de grabar unha peza en riguroso directo nun estudio de radio. A continuación, visitamos o plató de televisión, onde os profesores da facultade nos explicaron como funciona toda a máquina da tele dende dentro. Proximamente, Radio Bolboreta fará pública a historia "do home feliz" que alí grabaron os grandes locutores do noso instituto.



A continuación, e a pesar da choiva miudiña que caía en Santiago, fixemos un roteiro durante o que descubrimos a maravillosa biblioteca pública Anxel Casal, a praza do Obradoiro, a árbore da ciencia, a ruela mais estreita de Compostela, a orixinal tenda de Nikkis e a Alameda.





Tras almorzar no comedor da Facultade de Matemáticas como auténticos universitarios, dirixímonos á Cidade da Cultura, onde visitamos a exposición: Obxetos de desexo: surrealismo e deseño 1924-2020. , onde gozamos dunha fantástica visita guiada que nos deixou a todos abraiados.



E tras a intensa xornada, aínda houbo tempo para subir e baixar polos tellados, columpiarse nos bambáns e gozar coma meniños felices que todos somos.





O grupo estivo acompañado polas profesoras Raquel Arias, Patricia Coucheiro e Esther Dapena, quenes puideron comprobar, unha vez máis, que a cultura e as saídas ben planificadas e organizadas seguen sendo unha fonte indispensable de coñecemento e desfrute.




No hay comentarios: