Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

viernes, 22 de abril de 2022

Día do Libro 2022: Miguel de Cervantes a tamaño real e exposicións interactivas

 

















O mismísimo Miguel de Cervantes de tamaño natural preside a entrada do noso instituto con motivo do Día do Libro 2022. As actividades diseñadas para tal evento consistiron nunha exposición de libros antigos, as xoias mais antigas da nosa biblioteca, que o noso alumnado tivo que etiquetar por materias participando nun concurso por equipos, unha exposición de publicacións antigas en galego, mostra de carteis teatrais do grupo de teatro da asociación cultural Monte Oribio que houbo fai anos no noso instituto e exposición de viñetas para emparellar e participar no concurso "Cada ovella coa súa parella".

As exposicións están abertas ao público en xeral e poden ser visitadas durante todo o mes de abril en horario de mañá e tarde. Libros antigos e ben curiosos agardan na entrada do noso centro con moito que ensinar e descubrir a pesar dos seus aniños. Miguel de Cervantes e os amantes dos libros e da lectura agardámosvos!




No hay comentarios: