Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

miércoles, 4 de mayo de 2022

Alma González, gañadora galega do Concurso de Esopías

 




A nosa alumna de 1º de ESO e grandísima lectora Alma González acaba de recibir o seu premio tras resultar gañadora a nivel Galicia no Concurso de Esopías organizado pola Feira Matemática en A Coruña na categoría de primeiro ciclo da ESO.

A esopía de Alma leva por título:

Ventos de inverno

Alí e aquí e acolá,

desexaban os ventos,

ficar así fríos.

Invernos!

Desexaban feroces,

pelexaban así.

De alí chegaron,

aquí xeados,

os ventos.

Para así vir,

Vendaval,

así de inverno.


Noraboa por tan fermosa composición e a seguir creando!


No hay comentarios: