Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

viernes, 22 de abril de 2022

A poeta Olga Novo visitou a nosa biblioteca

 




A poeta da Pobra de Brollón Olga Novo, Premio Nacional de Poesía 2020 pola súa obra "Feliz Idade", visitou a nosa biblioteca o pasado 20 de abril. Foi unha delicia charlar con ela e compartir uns momentos xusto antes da grabación da entrevista que varios alumnos de Bacharelato lle fixeron para un novo programa de Radio Bolboreta e da charla que deu no salón de actos do noso instituto e que foi presentada polo noso compañeiro e tamén escritor Xurxo Souto. Olga soubo contaxiarnos a súa paixón no relatorio que deu e que levaba por título "Ler para soñar. Escribir para vivir". Grazas por tanto, Olga, seguiremos léndote.

No hay comentarios: