Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

lunes, 7 de junio de 2021

Presentación do libro "Pangalaica" de Xurxo Souto

 



O sábado 29 de maio tivo lugar na casa da Cultura de Sarria a presentación do libro "Pangalaica" ,  escrito polo noso compañeiro e profesor de Latín e Grego Xurxo Souto. Xurxo é ademais un recoñecido músico e escritor galego, gran divulgador da cultura e da lingua do noso país e ten traballado para a radio e a televisión de Galicia.

 Neste libro publica os artigos que realizou para Nós diario no pasado ano 2020 durante o confinamento e meses posteriores.

A nosa biblioteca colaborou na organización deste acto que contou cun gran éxito de público grazas á maxia dos contos, das cancións e á  música do polifacético Xurxo. "Pangalaica" agárdavos na nosa biblioteca. Así que tomade nota de cara ás lecturas deste verán.


No hay comentarios: