Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

viernes, 21 de mayo de 2021

Festival das Letras Galegas














O 20 de maio tivo lugar na pista polideportiva exterior do IES "Gregorio Fernández"  o Festival das Letras Galegas para todo o alumnado e profesorado do instituto.

Con este acto tan especial e emotivo quixemos  homenaxear a Xela Arias e tivemos a honra de contar coa asistencia  do seu fillo, a súa nai e mais un irmán da poeta sarriana.

Foi un acto fermoso, emocionante e moi participativo que tivo como programa:

- Presentación a cargo do alumnado de 2º de bacharelato.

- Saúdo de Darío Gil, fillo de Xela Arias.

- Pregón das Letras por Jaime Félix López Arias, Arlindo.

- Recitado de poemas de Xela Arias por parte de alumnado e profesorado.

- Actuación do grupo sarriao "Malditos Roedores".

- Actuación do coro de profesorado.

- Estrea en directo do tema "Sarriamericana" interpretado por membros da comunidade educativa do IES "Gregorio Fernández".

No hay comentarios: