Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

lunes, 7 de junio de 2021

25 anos con Lois Pereiro #LP25anos

 





O sábado 5 de xuño tivo lugar na Casa da Cultura de Sarria o "Acto Expansivo" no que lembramos o pasamento do poeta Lois Pereiro fai 25 anos.

Dende a nosa biblioteca e Radio Bolboreta do IES "Gregorio Fernández" colaboramos na organización deste acto durante o que lemos poemas de Lois, expuxemos debuxos feitos por alumnado do noso instituto fai anos e visionamos a proxección duns vídeos en torno á súa obra. Foi unha sinxela pero emotiva homenaxe para un gran poeta que perdurará no tempo pola fondura da súa poesía. #LP25anos

No hay comentarios: