Sarria inaugurou o Ano Xela Arias coa presentación da exposición titulada Aquela nena de Sarria, na que participaron, entre outros, alumnos do noso instituto. A poeta, tradutora, editora e docente a quen este curso se lle adica o Día das Letras Galegas naceu o 4 de marzo de 1962 na nosa vila, de onde eran naturais os seus pais e á que sempre permaneceu vinculada.
A exposición itinerante estivo estes días no noso instituto. Deixámosvos algunhas imaxes das visitas do noso alumnado, da lectura de poemas de Xela que fixemos con motivo da mostra e do moito que nos gustou tela aquí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario