Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

lunes, 15 de marzo de 2021

Día de Pi - Matemáticas para un mundo mellor

 A entrada do instituto luce así de fermosa con motivo do "Día das matemáticas": un enorme cartel elaborado por alumnado e profesorado (estaba agochadiño na biblioteca como laboratorio de ideas e espazo maker) da a benvida a todo o que entra no noso centro. E como vedes, decenas de figuras feitas durante os obradoiros de papiroflexia realizados durante os recreos e dirixidos por profesorado do departamento de Matemáticas.





Dende a biblioteca sumámonos a esta celebración difundindo esta estupenda e nova experiencia e colaborando como xurado no concurso de Esopías, unha orixinal estructura literaria na que descubrimos novos talentos entre o noso alumnado.


Os/as gañadores/as foron: 


- ESO e FP Básica: 

  • 1º premio, Noelia Boado Arias (2º FP Básica – Fab e Mont). 
  • Accésit, Kiowa Vera (1º ESO). 


- Bacharelato: 

  • 1º premio, Lis Triana (1º Bac). 
  • Accésit, Valeria Vilar Hernández (1º Bac). 
  • Accésit, Eros López Rodríguez (2º Bach)

Noraboa a todos e que sigan crecendo e multiplicándose iniciativas tan didácticas, orixinais e culturais deste tipo!


Acompañamos esta singladura matemática expoñendo algúns dos fondos da biblioteca que podedes ver no expositor relacionados co tema:




No hay comentarios: