Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

viernes, 23 de abril de 2021

Día do Libro 2021 - Accións creativas en torno aos libros

 Eiquí seguimos, e o Día do Libro non podía pasar de largo, así que o festexamos como se ben merece, con varias accións creativas ao grande:

A primeira foi a creación dun gran "Libro dos nosos libros" en branco que ubicamos na entrada do edificio principal e que estivo varios días agardando a encherse das xeografías lectoras mais reseñables dos distintos membros da comunidade educativa:


A segunda intervención artística foi a colocación dun gran globo na entrada do instituto feito con portadas de libros seleccionados como aqueles que nos deixaron pegada:

A terceira acción foi a construcción de poemas verticais feitos con títulos de libros, unha actividade moi novidosa e orixinal que encandilou a mais dun:





E como o Día ben o merece, engalanamos a entrada ao edificio da ESO cun cortinón vermello, un portentoso atril e un espectacular exemplar de "Don Quijote de la Mancha" en versión orixinal. Deste xeito, puidemos ler e gozar desta experiencia única que tanto sorprendeu ao alumnado por novedosa e insólita para a maioría.


Así que tras un gran esforzo, tivemos unha xornada diferente, de achegamento emocional aos libros que nos foron facendo para poder así crear o "Libro dos nosos libros" coas achegas de todos e cada un dos motivados participantes:






O gran Día non podía trascurrir sen a lectura en voz alta de "Don Quijote":





E o posterior asinado nas columnas que escoltaban tan grandioso exemplar como se de muiños se tratara, dando así fe de que os que por alí pasaron probaron a lectura das aventuras de Don Quijote e moitos dela gustaron, abraiados por este gran libro, polas moitas palabras que non coñecían e polas longas frases.


Como ben dixo a escritora Irene Vallejo: "somos Quijotes inversos, que grazas á lectura conseguemos manter a cordura".

Mais que nunca, grazas aos libros e aos escritores por estaren aí e acompañarnos sempre. Hoxe foi un gran día que non esqueceremos.









No hay comentarios: