Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

miércoles, 25 de noviembre de 2020

25 de novembro: Día contra a violencia cara ás mulleres

A pesar das restriccións, a pesar de non poder atendervos como quixeramos, a pesar de todo o que imposibilita que a biblioteca siga sendo un servizo esencial para a comunidade educativa, a biblioteca segue dicindo "NON", basta xa de sociedade patriarcal e de violencias machistas. 

Ata cando teremos que aguantar as terribles cifras de mulleres mortas, agredidas ou ultraxadas por homes? Ata cando teremos que soportar os micromachismos nesta sociedade? 

 Entretando, le, fórmate, infórmate e pide axuda. No expositor da entrada puxen algunhas obras de referencia forradas polo protocolo COVID. Se queres levalas emprestadas só tes que pedilas. Agárdote no recreo!

No hay comentarios: