1) A biblioteca poderá ser usada ata o 50 % do seu aforo.
Excepcionalmente, se fose posible polo tamaño da mesma, o equipo directivo pode ampliar ou reducir o aforo sempre que se cumpran as condiciones de seguridade axeitadas e a distancia do alumnado.
2) O aforo da biblioteca é de 16 persoas sentadas e 4 de pé e en movemento. Aforo total: 20 persoas.
3) O acceso realizarase pola porta de entrada tradicional da biblioteca.
4) O alumnado debe hixienizar as mans antes e despois da estancia na sala.
5) Para solicitar un libro en empréstito os usuarios deberán dirixirse á ventá de acceso á biblioteca. Non se poderá usar a porta da oficina onde estará o profesorado do equipo de biblioteca para realizar empréstitos.
6) Ao rematar, os usuarios da biblioteca hixienizarán os postos que teñan ocupado. O profesor encargado nese momento botará o produto para desinfectar e os usuarios limparán o posto co papel.
7) A saída da biblioteca farase pola porta que da ao exterior do centro para evitar que coincidan usuarios que entran e saen da biblioteca. Circularase pola dereita.
8) O préstamo de libros ou outro material realizarase de xeito habitual aínda que o devolto deberá permanecer en caixas identificativas e illadas como mínimo catro horas antes de volver aos andeis.
9) Evitarase o uso de xogos de mesa e materiais semellantes cando implique un uso compartido mentres dure a situación excepcional.
10) O uso da máscara é obrigatoria en todo momento.
11) Ventilaranse os espazos da biblioteca coa maior frecuencia posible e como mínimo 15 minutos ao inicio, no lecer e ao final da xornada.
12) Para o uso da biblioteca durante as clases, o profesorado correspondente solicitará cita previa anotándose no caderno que estará na oficina da biblioteca.; sen esquecer que no uso do material e equipos compartidos hai que hixienizar as mans antes e despois.
13) Os ordenadores só poderán usarse con fins educativos e os usuarios deberán hixienizar os protectores de teclado.
14) Organización de espazos e tempos:
O obxectivo das seguintes medidas é a non aglomeración de persoas para garantir as medidas de distanciamento físico interpersoal. Por isto, o horario de empréstito e acceso libre para o alumnado durante os recreos será:
1º ESO: Luns
2º ESO: Martes
3º ESO: Mércores
4º ESO e FP Básica: Xoves
1º e 2º Bacharelato: Venres
O alumnado de Ciclos Formativos poderá acceder calquera día durante os seus respectivos recreos.
O profesorado que propoña libros de lectura recomendada será o encargado do empréstito e recollida na aula en colaboración coa coordinadora da biblioteca.
No hay comentarios:
Publicar un comentario