Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

jueves, 24 de octubre de 2024

Participación no xurado da XVIII edición do Premio San Clemente de Novela

Orgullosas estamos dos seis alumnos de Bacharelato do IES Gregorio Fernández que formaron parte do xurado da XVIII edición do Premio de novela San Clemente do IES Rosalía de Castro, para o cal acudimos a Santiago para a reunión do xurado e o posterior rolda de prensa cos gañadores do mesmo, os xa afamados Antón Riveiro, Maggie O'Farrell e Alejandro Zambra, tal e como podedes ler na prensa.








Ademáis de visitar as instalacións do instituto Rosalía, puidemos compartir a xornada con alumnado doutros centros galegos e de Madrid e aproveitamos a visita a Santiago para dar unha voltiña pola biblioteca Anxel Casal:





Foi un pracer gozar desta xornada con alumnos tan bos, tan bos lectores e tan interesados polas bibliotecas e o mundo da literatura e da cultura.



No hay comentarios: