O 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas e este ano apostamos por descubrir mundo fora da nosa biblioteca e visitar dúas bibliotecas ben distintas no concello de Monforte de Lemos.
En primeiro lugar, acudimos ao Pazo de Tor, onde o alumnado de terceiro e cuarto de ESO descubriu o maravilloso Pazo de Tor. Para os que quedaron coas ganas de tocalo e fotografialo todo, podedes dar unha voltiña virtual picando aquí.
Foi unha visita moi amena e sorprendente. Algúns dicían que lles encantaría vivir alí, non só polos agarimosos gatiños, que tamén, senón polos moitos obxectos doutros tempos que o Pazo garda como un auténtico tesoro.
Entre os moitos obxectos, puidemos ver a antiga biblioteca do Pazo e o arquivo, onde hai mais de 3.000 volumes de moi diversas épocas. Recibimos unhas completas e excelentes explicacións sobre o Pazo de Tor, a vida cotidiana no Pazo e puidemos ver en primeira persoa a mazmorra, e o contraste entre as dependencias adicadas aos señores e ao servicio. Foi unha auténtica lección de cultura e historia.
A continuación, tras o convite feito pola EOI de Monforte, acudimos a súa luminosa e fermosa biblioteca, onde xogamos coas pezas de Lego en inglés e cociñamos waffles coa profesora de alemán.
Faltounos tempo para seguir disfrutando e aprendendo, descubrindo o moito que se pode facer grazas á cultura e ás persoas que seguen apostando por ela tanto do xeito tradicional como dun modo mais innovador e creativo, no que a biblioteca escolar segue estando sempre presente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario