Este curso tentamos novamente que esta tradición cultural tan nosa e importante como é o Entroido non pasara desapercibida, así que aunamos forzas para organizar varias actividades, como a gran exposición de fotos en torno aos moitos e variados Entroidos que hai ao longo de Galicia, e que poderá visitarse ata finais deste mes no edificio principal.
Estades todos convidados a visitala. Podedes ver unha pequena mostra dela en https://www.instagram.com/p/C3FTBJpt5TZ/?img_index=1
Ademais, o venres 9 tivemos o Concurso de disfraces que resultou moi animado e no que non faltou o inxenio e bo humor. Velaquí unha pequena mostra:
A competencia e o nivel dos participantes foi moi alta, polo que o xurado o tivo difícil. Tras duras deliberacións, este foi o resultado:
No hay comentarios:
Publicar un comentario