Un ano mais, celebramos o Día de Rosalía con varias actividades:
Foi unha xornada moi alegre, dinámica e chea de alegría na que alumnado da ESO, FPB participaron nas distintas actividades organizadas tal e como podedes ver no noso Instagram.
As carreiras de versos e a xincana na que ligamos a exposición do Entroido galego cos versos do poema "Castellanos de Castilla" foron sen dúbida as que mais movemento xeraron, como podedes ver nestas imaxes:
Ademais, repartíronse as chapas feitas para a ocasión pola profesora de galego Pilar Saavedra.
Foi unha preciosa xornada colaborativa na que todos fixemos equipo para celebrar a Rosalía, sempre Rosalía e sempre poesía. Graciñas a todos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario