Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

lunes, 7 de noviembre de 2022

Project: Painting literature

 


    Recentemente, e con motivo do 24 de outubro, Día da biblioteca, tivo lugar unha nova experiencia na que se implementou este espazo como biblioteca creativa. 
    O alumnado de 1º de Ciclo Medio de Xestión Administrativa e de 1º de Ciclo Superior de Administración e Finanzas participou durante a clase de inglés no proxecto "Painting literature" no que se fusionaron cadros clásicos relacionados coa lectura con revistas en inglés dos anos 90 para crear orixinais e novas obras utilizando a técnica do collage.
     Ademais de aprender en inglés, tal e como se pode ver no vídeo, aproveitamos para montar unha pequena exposición enriba das mesas da biblioteca coa esperanza de que non só os participantes na actividade aprendan sobre pintura e artes varias, senón que tamén os nosos usuarios se beneficien da nosa particular biblioteca creativa.



No hay comentarios: