O 17 de novembro conmemórase o "Día da Filosofía" e con este motivo a profesora Patricia Coucheiro elaborou nas súas clases de Filosofía de 4º de ESO e 1º de Bach camisetas con frases de filósofos ou filósofas recoñecidos para facernos reflexionar sobre a importancia da filosofía na nosa vida cotiá.
De cada unha das camisetas prende unha etiqueta alusiva ao autor ou autora da frase que está estampada cunha breve reseña explicativa.
Noraboa por este gran traballo que visibiliza o moito que se fai nas nosas aulas para intentar achegar o coñecemento ao alumnado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario