Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

jueves, 23 de abril de 2020

2020: Día do Libro confinado


É a primeira vez que vivimos un Día do Libro confinados xunto cos libros, sen poder mercarlos, agasallalos e compartilos, pero afortunadamente podemos lelos. É a primeira vez que non puidemos estar no noso instituto para poñer en valor a nosa biblioteca, fogar dos nosos libros. Porque cando todo se para, cando case todo falla, sempre temos aí os libros, a nosa casa, a patria á que sempre voltamos en soidade. E en soidade e confinamento atopamos a paz para ler e reflexionar sobre o que os libros nos dicen, porque son coma unha voz interior que nos fala ao ouvido. De aí esta montaxe caseira que nos lembra (en portugués) que non deixemos para mañá o libro que poidamos ler hoxe. Dalle unha oportunidade a ese libriño aparcado no andel. Deixa por un momento as redes sociais, agarra un libro físico e lembra o lema da nosa "Hora de ler": "Dez minutos ao día que ben nos virían"
E dándolle voltas ao tema, a nosa compañeira do equipo de biblioteca Mª Jesús Arcos reformulou algúns refráns e fixo estas divertidas montaxes nas que o libro é o protagonista:

Coidádevos moito, dade unha voltiña polas propostas das bibliotecas escolares abertas e activas de Galicia e estade atentos a Radio Bolboreta, que está a punto de poñer nas ondas un programa especial para o Día do Libro con moitas sorpresas e colaboracións.

No hay comentarios: