Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

martes, 31 de marzo de 2020

Quedamos na casa

Nestes días están a pasar moitas cousas tristes, entre elas a morte de moitas persoas que tanto fixeron durante as súas vidas en moi distintos ámbitos. Non podemos esquecer a Albert Uderzo, un dos creadores de Asterix e Obélix, que tanto nos deleitaron coas súas aventuras. Lembrámolos aquí con esta viñeta de O Carrabouxo, sempre intelixente e inxenioso, e agardamos que confinados tamén poidamos vencer ao virus como Asterix e Obélix aos seus romanos.
Entre tanto, non deixedes de ler, facer as vosas tarefas e escoitar a Radio Bolboreta, que segue activa e facendo programas especiais. Coidádevos moito!

No hay comentarios: