Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

martes, 4 de diciembre de 2018

Radio Bolboreta


Como vedes, no panel esquerdo deste blog acaba de pousarse unha bolboreta. Esta bolboreta é o logo da radio escolar da biblioteca "Fiz Vergara Vilariño" do noso instituto, unha nova experiencia na nosa biblioteca que nace con moita ilusión e ao que o profesor Eduardo Rey Moure lle pon moito agarimo. Esta experiencia é tamén posible grazas ao alumnado de 4º de ESO, aos que recoñeceredes se escoitades os programas con atención.
De momento, xa teñen dous programiñas que podedes escoitar en forma de podcast picando enriba da bolboreta e ademais se queredes podedes suscribirvos dende o mesmo enlace. Dende a biblioteca desexamos que esta bolboreta vole moito e moi alto chegando aos ouvidos de moita xente que xa estamos ansiosos de escoitar o terceiro programa.
Moita sorte e adiante bolboreta!!!

No hay comentarios: