Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

viernes, 23 de noviembre de 2018

Iniciativas contra a violencia de xénero


Un ano mais, a violencia contra as mulleres segue presente e isto é algo que hai que erradicar da nosa sociedade. Facer forza, educar e mentalizar ao alumnado é o primeiro paso desta longa andaina que temos por diante.
Este curso acábase de realizar no noso instituto unha iniciativa que contou cun grande éxito por parte de toda a comunidade educativa: pulseiras de cor violeta escritas por cada un dos participantes con lemas a favor da igualdade e en contra da violencia contra as mulleres. Esta acción veu da man do departamento de galego e da profesora Eva González Álvarez e contou coa colaboración dos membros do equipo da biblioteca. Os participantes levamos a nosa pulseira co noso lema, e agardamos que as mensaxes cheguen ás mentes de todos e todas.
Ademais, a biblioteca expuxo materiais relacionados co tema e montamos de xeito moi gráfico o poema "Baldosas" de Carlos Negro. Resulta curioso ver como moitos se apartan ao ver a fregona e o sangue no chan. Seica é unha realidade incómoda que non queremos que nos toque....
Este tema vai dar moito que falar, así que estada atentos porque pronto haberá novedades en forma de programa de radio.

No hay comentarios: