Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

jueves, 1 de febrero de 2018

A escritora Ledicia Costas, entre nós



A escritora viguesa Ledicia Costas estivo no noso centro o 31 de xaneiro para falar das súas novelas, moi coñecidas e valoradas polo noso alumnado. Moitos deles a descubriron lendo as historias de Esmeraldina cando aínda estaban no colexio, continuaron coa Señorita Bubble, seguiron con Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, que lemos o curso pasado no noso Club de Lectura, e agora adéntranse en Recinto Gris, Unha estrela no vento ou O corazón de Xúpiter.
Resultou un encontro moi ameno e participativo grazas ás preguntas dos asistentes e a todo o que aportou esta escritora tan próxima aos seus lectores. Conseguimos ademais que Ledicia asinara varios exemplares que temos na na nosa biblioteca, así que achegádevos e descubride todas as historias agochadas nestes libros, unha auténtica ledicia que ás veces provocan certo medo.

No hay comentarios: