Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

martes, 30 de enero de 2018

Mergullámonos na maleta da igualdade



A nosa biblioteca tivo en empréstito a maleta da igualdade que vedes na imaxe, cedida pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e maila Secretaría Xeral de Igualdade. Trátase dun recurso bibliográfico formado por libros de lectura para o alumnado  e o profesorado. A súa finalidade é fornecer os centros dun recurso que poida contribuír a traballar sobre a corresponsabilidade, a diversidade, o empoderamento, os estereotipos, o feminismo, a historia das mulleres, a identidade, as relacións de parella, a violencia de xénero...
Dende a biblioteca sumámonos a este proxecto e confecionamos unha caza do tesouro na que o alumnado tiña que respostar a trece preguntas e o alumno de cada grupo que antes o facía de xeito correcto recibía un sabroso premio.
Temos que dicir que esta actividade foi todo un éxito. A práctica totalidade de alumnado de E.S.O., Bacharelato, F.P. Básica e os alumnos de 1º dos Ciclos de Administración participaron con gran entusiasmo neste contacto con tantas novidades ao tempo que se familiarizaron coa nosa biblioteca.
Esta actividade fixo que o noso alumnado e parte do profesorado descubrise moitas obras relacionadas coa igualdade, ao tempo que solicitaban que estos títulos se adquiran para a nosa biblioteca. Vimos tamén como ler é divertido e foron moitos os que se sorprenderon por ver canto está agochado nos libros ao tempo que fixemos formación de usuarios e lemos poemas. Houbo quen ao saber que esta maleta vai viaxar por toda a provincia quixo deixar o seu Instagram, e foron motios os que dixeron: "Profe, este libro tedes que compralo para a biblioteca".
Emociona ver como ao alumnado lle interesa o tema e os libros, e senón ollade as fotos. Esta actividade non sería posible sen a colaboración dos membros do equipo de biblioteca que elaboraron o cuestionario e as profesoras implicadas no Plan Proxecta que se está a realizar no noso centro.









































No hay comentarios: