Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

viernes, 17 de junio de 2016

E para rematar .... dúas tremendas exposicións: Clásicos imprescincibles e Instrumentos musicais feitos por nós


Na nosa biblioteca gardamos un tesoro agochado procedente dunha inxente doazón dun particular ao que lle agradecemos que nos donara tantos libros e tantos clásicos imprescindibles cos que fornecer a nosa cultura. Con este motivo, montamos esta exposición que podedes ver nas imaxes e que ben poden ser o alimento deste verán, que non só de sol e praia vive o home!

Máis que comprobado está que a creatividade é unha das características propias dos humanos, e para mostra, este conxunto de instrumentos musicais feitos polo alumnado de música do noso instituto con materiais de refugallo. A idea é da profesora de música Ana Isabel Vegas á que damos a noraboa por esta xenial iniciativa. Vide, vide e mirade que orixinais e feitiños son. Por certo, seica andan a preparar un festival para final de curso que vai ser o peche perfecto para este fin de festa.

No hay comentarios: