Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

jueves, 26 de mayo de 2016

Letras Galegas 2016 - Actividades en torno a Manuel María


As actividades en torno ao homenaxeado Manuel María iniciáronse moito antes do 17 de maio coa cofección polo alumnado de 4º de ESO en clases de Plástica dirixidos pola profesora Mariel Méndez dun fermoso mural para o Correlingua cuns versos de Manuel María que resultou gañador desta edición.
Ademais, preparouse “Recital das Letras Galegas” nas clases de Música coa implicación da profesora Ana Isabel Vegas e o membro do equipo de biblioteca Eduardo Rey. Deste xeito o 19 de maio homenaxeamos a Manuel María. Entre cantos e recitados démoslle unha volta a 18 poemas do autor chairego. Recitaron poemas 38 alumnos e cinco profesores. Puxeron a música 36 alumnos e a profesora Ana Isabel Vegas e puxo a súa fermosa voz unha alumna de 2º de bacharelato. Houbo recitado, cantos e ata rap. Dende a biblioteca Eduardo Rey elaborou estos fermosos marcapáxinas e o programa da actividade. Foi un moi sentido éxito tanto de público como de participación.
O 20 de maio representouse tamén no salón de actos do noso instituto o espectáculo "O asombro de Manuel María" a cargo dea compañía teatral lalinense Fantoches Baj, que dende o equipo de Biblioteca propuxo e organizou o profesor X. Lois Gutiérrez. Nesta ocasión, o alumnado de ESO, 1º BAC e FPB puideron ver a representación desta orixinal peza teatral a partir de textos dos poetas lucenses Manuel María e Uxío Novoneyra. Esta representación foi moi aplaudida por tódolos asistentes.
Completaron estas actividades o mural de carteis e a adquisición de fondos da obra de Manuel María que dende a biblioteca nos preocupamos en mercar coma se dun tesoro se tratase.

No hay comentarios: