Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

miércoles, 21 de octubre de 2015

O luns 26 arranca a "Hora de Ler"

O luns 26 de outubro ás 8:45 dará comezo no noso instituto un novo proxecto impulsado dende a biblioteca: A Hora de Ler. Por primeira vez na historia do noso centro o alumnado de ESO e de Formación Básica gozará dunha hora semanal de lectura na aula que se levará a cabo ao longo de todo o curso. Para que isto funcione, non te olvides de traer o teu libro da casa ou de collelo emprestado da biblioteca. É fundamental. Contamos contigo!

No hay comentarios: