O club de lectura “De tertulia” chegou a fin de curso cos deberes feitos. Aproveitamos esta última reunión para constatar que continuamos sen noticias do Gurb de Eduardo Mendoza, pero que nos gustaría ter novas del para poder seguer o seu deambular polo mundo adiante coa súa fina ironía e crítica a todo o que nos rodea.
Nesta última reunión aproveitamos para facer un balance positivo deste primeiro ano do club no que incluso levamos unha agradable tarefa para o verán e un agasallo para non olvidarnos do club e da biblioteca. O libro proposto para non parar de ler e poder falar en setembro é “La cena” de Herman Koch, que xa podedes recoller na biblioteca.
Pensando xa no futuro do club, propuxémonos un reto: aumentar o número de alumnos lectores no club de cara ao próximo curso, así que agardamos poder cumplilo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario