Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

lunes, 8 de junio de 2015

Á beira da letra, a carón do río

Ata o 19 de xuño permanecerá exposta nas mesas da biblioteca a mostra "A beira da letra, a carón do río" feita por varios alumnos do IES "Gregorio Fernández" grazas á iniciativa do profesor de Historia Lois Gutierrez. As fotografías foron feitas polos alumnos nomeados inspirándose en poemas de Fiz Vergara Vilariño. Como vedes na cadernillo da mostra, hai grandes artistas entre nós, así que non deixedes de achegarvos a esta última mostra do curso.

Todos os participantes neste concurso recibiron como premio unha memoria USB co logotipo da biblioteca e do club de lectura "De tertulia". As memorias foron entegadas polo profesor Lois Gutierrez o 11 de xuño na biblioteca a carón da exposición. Neste acto novamente se reivindicou a lectura e a construcción de imaxes visuais a partir da poesía de Fiz Vergara Vilariño.

No hay comentarios: