Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

viernes, 6 de marzo de 2015

O escritor Xabier P. Docampo, na nosa biblioteca


O xoves cinco de marzo estivo na nosa biblioteca o escritor chairego Xabier P. Docampo para falarlles ao alumnado de 4º de ESO da súa última novela A illa de todas as illas, que foi libro de lectura nesta segunda avaliación. Organizou esta actividade o ENL coa colaboración do departamento de lingua castelá.
Comenzou falando do oficio de escritor e do tempo que hai que adicar para construír unha novela, da andamiaxe da novela e das vintesete obras que consultou e que falan, dalgún xeito, de illas.
Para a montaxe da novela quedou só cunhas cantas, que queren ser un emocionado convite a ler eses libros (Robinson Crusoe, A illa misteriosa, O señor das moscas, A Illa do Tesouro, etc.) que nos levan a mundos ben distintos do noso para coñecer vidas e personaxes diferentes que habitan por un tempo a nosa imaxinación e nos van conformando como persoas. Tamén os nenos que protagonizan esta historia xa non serán os mesmos cando rematen esta viaxe.
Eses son os textos que recorda e homenaxea Docampo neste libro, no que utiliza a súa habilidade narrativa para integrar a personaxes da literatura universal no relato e construír unha fábula sinxela e amena que nos atrapa desde o principio.
Destacaou a afabilidade e locuacidade deste escritor ao que aínda moitos non coñecíamos persoalmente e que conseguiu unha gran implicación dos alumnos de cuarto da ESO que fixeron bo número de preguntas ao final da charla. Graciñas, Xabier, por compartir o teu tempo e o teu saber con nós. Non deixes de escribir e, sobre todo, lectores, aproveitade a ocasión para achegarvos á súa obra, da que temos boa parte no expositor da biblioteca.

No hay comentarios: