Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

viernes, 27 de febrero de 2015

SAÍDA CULTURAL ENDL 4º ESO: TOMAMOS SANTIAGO!


O pasado xoves 26 realizamos unha saída cultural a Santiago de Compostela unha boa parte do grupo de 4º de ESO. Esta actividade foi organizada polo ENDL e acompañáronnos os profesores Manolo Muñíz e X. Lois Gutiérrez Faílde. Na visita acompañounos a choiva, non iba ser menos! íbamos para Santiago!

Nada máis chegar fumos visitar o Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago. Case se pode decir que o estrenamos nós, pois non leva máis de tres meses en funcionamento. Daniel, o guía do Museo, levóunos a través das súas magníficas instalacións, amosándonos os marabillosos exemplares en taxidermia dun sinfín de animais, así como a colección xeolóxica e a magnífica colección orixinal cristalográfica de Haüy, un verdadeiro tesouro do s. XIX. Gustáronnos moito os bioramas e a representación das tartarugas, quedamos moi impresionados co número delas que morren nas nosas costas...

Logo fumos ao Parlamento de Galicia. Alí, Higinio, amosóunos as instalacións e explicóunos as funcións fundamentais desta institución. Tiñamos unha misión importante: recitar na biblioteca do Parlamento uns versos de Rosalía. Logo Alba tamén cantou a "Neghra sombra" para darlle o broche, foi verdadeiramente emocionante. Para rematar, visitamos o Pleno ou hemiciclo do Parlamento e tomamos asento como verdadeiros deputados/as, algún incluso botou unha partidiña no teléfono para meterse a fondo no papel...

Logo de xantar fumos ao Museo do Pobo Galego. Ninguén de nós visitara nunca o Museo. Alí realizamos unha actividade didáctica moi interesante que nos permitiu ter unha visión xeral do Museo. Logo fixemos unha pequena visita ao Panteón de Galegos Ilustres e como non, fumos a visitar a escaleira helicoidal de Domingo de Andrade e botamos alí outra foto, xa a de despedida.

Cheíños de cansanzo, regresamos á casa, pero deixamos en Compostela a nosa pegada!

No hay comentarios: