Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

lunes, 2 de febrero de 2015

Outro Bosco moi movido: caza do tesouro e entrega de premios



Un ano máis, o 30 de xaneiro celebramos o día do San Xoán Bosco cunha chea de actividades deportivas e culturais. A biblioteca organizou unha caza do tesouro na que os participantes tiveron que esforzarse moito e pasar unhas cantas probas para chegar ao tesouro agochado. Que se conta por aquí, que se multiplica por alá, que se así non é. Ai, que traballiños máis duros.
E logo veu o mellor, a entrega dos premios dos concursos de Caza do Tesouro, Fotografía Matemática e Slogans en inglés. Destacamos a gran participación dos máis noviños do centro en todos eles, especialmente o alumnado de 1º de ESO.
Na Caza do Tesouro o gañador foi Iago Fernández López de 4º de ESO.
No concurso de Fotografía Matemática os gañadores foron: Na categoría de Primeiro Ciclo de ESO o primeiro premio foi para Cristina Mato López de 1º ESO e o segundo para Carolina Aldea Arias de 1º ESO. Na categoría de segundo ciclo de ESO e Bacharelato as galardoadas foron Sonia López Pumarega 1º Bach co primeiro premio e Miriam López Ferreiro, tamén de 1º Bach co segundo premio. Todos eles recibiron vales de compra de 30 e 20 euros para cambiar por material de libraría ou informático en dúas tendas do noso pobo.
Os gañadores do décima edición do concurso English Slogans in Advertisements foron as parellas formadas por Carolina Aldea e María Alvaredo (1º ESO) con 134 slogans e en segundo lugar Cristina Mato e Sabela González (1º ESO) con 97 slogans. Recibiron unha memoria USB co logotipo do noso instituto.
Ademais, todas as parellas que pegaron máis de quince slogans e participaron nos concursos da biblioteca do Día do Bosco recibiron como agasallo as novas libretas enviadas pola Asesoría de Bibliotecas Escolares que este ano teñen como lema: Biblioteca Escolar...Matemático!!!

No hay comentarios: