Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

miércoles, 28 de enero de 2015

Xa hai trinta anos!!!!

Na semana do 21 ao 25 de xaneiro de 1985 fixemos o traslado ata a actual ubicación.
O daquela Instituto de Formación Profesional ocupaba o edificio no que agora está a Casa da Cultura.
Esa semana de xaneiro do 85 decidimos trasladarnos cando aínda se estaba a rematar a obra. Levabamos tempo agardando pois a obra estivera parada e o estado do edificio vello era lamentable.
Tardaron case un mes en rematar de pintar e ultimar detalles, pero as clases non se interrumpiron.
Os alumnos baixaban as súas mesas e cadeiras e de seguido as colocaban nas novas aulas tan desexadas para comezar inmediatamente as clases, non tan desexadas.
Eu vivino e foi algo incrible.
Aquela semana empezou a súa historia esta biblioteca, antes os libros non tiñan sitio e menos os lectores....
O 31 de xaneiro xa celebramos a festa do patrón neste novo edificio e fixemos a primeira representación teatral neste recinto, unha dos montóns que viñeron despois. Foi unha adaptación de "A farsa das zocas", de Ricardo Carvalho Calero.
Os anos pasaron. A principios dos noventa pasamos a ser Instituto de Ensinanza Secundaria nº 1, para uns anos despois adoptar o nome de Gregorio Fernández.
A biblioteca, mentras, seguiu aí cuns cantos profesores moi implicados no tema, facendo actividades a esgalla.... Román, Matías, María, Felicitas,....
Chegou a primeira década dos 2000, o século XXI seica, e no ano 2006 puxémoslle a esta biblioteca o nome do noso poeta de Lóuzara, Fiz Vergara Vilariño. Supoño, realmente estou convencido, que estaría orgulloso de que esta biblioteca leve o seu nome.
En fin, aquí estamos, tedes 16.000 documentos arquivados que podedes ver, ler, sobar, usar,... enteiros á vosa disposición. O importante é que os usedes, que aí están: queremos que os sobedes!!!!
O resto, o tempo,.... non importa. Xa dicía, anos máis ou menos, no seu tango Gardel: "....sentir que es un soplo la vida, que 30 años no es nada".
Seguimos.
Eduardo

No hay comentarios: