Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

viernes, 23 de enero de 2026

Visita ás instalacións da Casa da Cultura de Sarria

O 22 de xaneiro, alumnado de CS de Administración e de Mecatrónica Industrial visitou as instalacións da Casa da Cultura de Sarria. Grazas á visita guiada feita pola bibliotecaria Miriam Alonso da BPM Camilo Gonsar de Sarria, puidemos descubrir o salón de actos, as dúas salas da biblioteca, a aula Cemit e o arquivo histórico, onde atopamos algunha sorpresiña inesperada.

Foi unha visita realmente amena e agradable que se enmarca dentro das colaboracións entre a Biblioteca Pública de Sarria e a nosa biblioteca, un pequeno gran paso para que todos os veciños poidan non só acceder senón gozar dos moitos servizos gratuitos que a biblioteca pon a nosa disposición. Continuaremos colaborando e tecendo redes!

Durante a visita estivemos tamén acompañados pola concelleira da área de educación do Concello de Sarria Geni Valcárcel.











No hay comentarios: