Continuamos celebrando o Día da Biblioteca dun xeito moi creativo que coincide co lema das bibliotecas escolares galegas deste curso e que combina o deseño coa viaxe á creatividade, da cal a biblioteca é o centro.
Un ano mais, tivemos o pracer de contar coa profesora Mónica Martínez de Sopa de Letras Comunicación quen nos ensinou moitas cousas sobre o Lettering e as ferramentas e rotuladores específicos para adentrarnos nisto do escritura caligráfica.
Mónica impartiu dous obradoiros: un para 1º de ESO e outro para 1º e 2º do Ciclo Superior de Administración e Finanzas. Ambos foron dous obradoiros de iniciación, pero ao final xa creamos cousiñas moi feitiñas e orixinais. Tanto os mais noviños do instituto coma a rapazada con mais anos do Ciclo de Administración puxeron moito interese nesta actividade como podedes ver nas imaxes e remataron facendo uns fermosísimos marcapáxinas personalizados
No hay comentarios:
Publicar un comentario