Case cincuenta alumnos do IES Gregorio Fernández visitaron esta exposición. Resultou unha visita moi interesante e activa, na que os participantes, ademais de descubrir a obra de Castelao dun xeito lúdico e por equipos, converteronse en críticos debuxantes da actualidade que remataron traballando co programa Scratch e creando un curioso circuito eléctrico. Grazas por achegar a cultura ao noso alumnado dun xeito tan atractivo!
A mostra está ubicada na antiga prisión de Sarria ata o 4 de outubro e enmárcase no programa de CULTURA POR ALIMENTOS, unha iniciativa de Afundación a favor de FESBAL (Federación Española de Bancos de Alimentos). Podes colaborar doando algún alimento non perecedeiro que irá destinado ao banco de alimentos local. Co fin de axudar e ampliar a recollida de alimentos dende o IES Gregorio Fernández, depositamos unha caixa na entrada do edificio principal do instituto, onde calquera membro da comunidade educativa poderá facer a súa aportación antes do xoves 2 de outubro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario