Comezamos o 2025 de xeito activo e cultural, acudindo á obra de teatro en inglés "Derailed" da compañía Face2Face no auditorio Gustavo Freire de Lugo. A continuación, aproveitamos para facer unha visita guiada, tamén en inglés, pola arte urbana presente en moitas paredes de Lugo en forma de graffiti, un tesoro agochado co que adentrarnos en novas manifestacións artísticas. Nesta ocasión, o departamento de inglés organizou a actividade para o alumnado de 3º, 4º de ESO e 1º de Ciclos Formativos, unha experiencia estupenda coa que empezar o segundo trimestre.
No hay comentarios:
Publicar un comentario