Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

sábado, 19 de octubre de 2024

Bibliotour para o novo alumnado

 


Como xa ven sendo tradición, ao longo do mes de outubro realizamos tres sesións de Bibliotour para informar sobre as moitas posibilidades e recursos que a nosa biblioteca pon a disposición dos seus usuarios.

Comezamos con 1º de ESO, para logo seguir con 1º de FPB de Administración e rematar con 1º de FPB de Fabricación e Montaxe. Desta volta, iniciamos a viaxe nas aulas respectivas familiarizando ao alumnado coa páxina web do centro, o apartado destinado á biblioteca, o acceso virtual ao catálogo dos nosos fondos, o enlace á plataforma de préstamo de libros dixitais e audiolibros que a Consellería de Educación pon á nosa disposición, o blog da biblioteca, Radio Bolboreta e o Instagram, o xeito mais áxil e rápido para seguir as nosas actividades e novidades.

Despois acudimos ao noso espazo físico, a biblioteca real, cos seus libros, xogos, películas, CDs e moito que ofrecer, onde vos agardamos e confiamos en vervos con frecuencia.


No hay comentarios: